Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 18 de outubro de 1999 Páx. 12.362

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/179-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de

execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Electra del Jallas, S.A.

Domicilio social: praza da Constitución, 17, 15000 Cee.

Denominación: liña eléctrica de media tensión aérea-subterránea de 20 kV.

Situación: Carnota.

Descricións técnicas: liña eléctrica aero-subterránea de media tensión de 20 kV sobre apoios de formigón e métalicos, en tramo aéreo en conductor LA-56, de 190 m, con orixe na liña Pontella-Alivia (expediente 27856) entronque con tramo subterráneo, baixo tubo, cun conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x150) mm Al, de 435 m e con final en C.T.C. conservas Dani (Carnota).

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente o seu dereito.

A Coruña, 6 de setembro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña