Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 18 de outubro de 1999 Páx. 12.361

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA (SALA DO CONT.-ADMTIVO., SEC. 2ª)

EDICTO (4535/1999).

Polo presente edicto faise saber que en providencia dictada no día da data, por esta sección segunda

da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, acordouse admitir a trámite o recurso interposto polo procurador Víctor López-Rioboo y Batanero, en nome e representación do Concello de Pontevedra, contra acordo do Consello da Xunta de Galicia do 23-4-1999 (DOG nº 106, do 4 de xuño), polo que se aproba definitivamente como plan sectorial de incidencia supramunicipal o Plan de xestión de residuos sólidos urbanos de Galicia.

Recurso número: 02/0004535/1999.

A publicación deste anuncio servirá de emprazamento para as persoas que, non tendo sido notificadas persoalmente, posúan un dereito ou interese lexítimo no citado recurso, que poderán comparecer en legal forma no prazo de nove días. Se o fixesen con posterioridade, teranse por parte para os trámites non precluídos.

A Coruña, 22 de setembro de 1999.

A secretaria

Rubricado

Visto e prace

O presidente

Rubricado