Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 18 de outubro de 1999 Páx. 12.361

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

ACORDO do 11 de outubro de 1999 do tribunal cualificador do concurso-oposición para o ingreso no grupo técnico da función administrativa do persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde para a realización do segundo exercicio

O punto 3 da base sexta a) da resolución da División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde do 28 de decembro de 1998 (DOG nº 9, do 15 de xaneiro de 1999) pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, dispón que as datas de celebración das probas serán anunciadas no Diario Oficial de Galicia cun prazo mínimo de 10 días naturais de antelación.

Adoptado acordo polo tribunal da categoría do grupo técnico da función administrativa sobre a data e lugar da realización do segundo exercicio da fase de oposición, procede agora darlle publicidade no Diario Oficial de Galicia, facultándose para isto expresamente a esta División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, polo que

ACORDA:

Primeiro.-Convoca-los aspirantes que superaron o primeiro exercicio da fase de oposición para o ingreso na categoría do grupo técnico da función administrativa de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, para a realización do segundo exercicio de dita fase, ás 9.30 horas do día 29 de outubro de 1999, na Escola Galega de Administración Pública, (EGAP), sita na rúa de Madrid, 2-4, polígono das Fontiñas, en Santiago de Compostela.

Segundo.-Os aspirantes deberán ir provistos necesariamente de documento nacional de identidade, permiso de conducir ou pasaporte e bolígrafo.

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 1999.

Manuel A. Silva Romero

Presidente do tribunal