Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 15 de outubro de 1999 Páx. 12.323

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE AMES

EDICTO.

O Concello de Ames anuncia a convocatoria para cubri-la praza de xuíz de paz substituto deste xulgado de Ames.

Os aspirantes poderán presenta-las solicitudes nos quince días hábiles seguintes á última publicación desta convocatoria no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.

O expediente completo pode ser examinado na secretaría do concello polos aspirantes que o desexen.

Ames, 6 de outubro de 1999.

O alcalde

Rubricado