Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 15 de outubro de 1999 Páx. 12.316

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 21 de setembro de 1999, da Delegación Territorial de Pontevedra, polo que se relacionan propostas de liquidación contidas en actas de desconformidade (A02) pendentes de notificar e se empraza o interesado que se sinala para ser notificado por comparecencia (Recreativos Silma, S.L.).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse propostas de liquidación contidas en actas de desconformidade (A02) pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Inspección da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Pontevedra en aplicación do artigo 56 do Real decreto 939, do 25 de abril, polo que se aproba o Regulamento xeral da inspección de tributos.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, ante o servicio sinalado no parágrafo anterior, con enderezo na rúa Michelena, 30, Pontevedra, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 21 de setembro de 1999.

Francisco Lozano Rodríguez

Delegado territorial de Pontevedra

ANEXO

Interesado: Recreativos Silma, S.L. B15102890. Avda. dos Mallos, 108, A Coruña.

Procedemento: acta de desconformidade A02. Taxa fiscal xogo 1995.

Interesado: Recreativos Silma, S.L. B15102890. Avda. dos Mallos, 108, A Coruña.

Procedemento: acta de desconformidade A02. Taxa fiscal xogo 1996.

Interesado: Recreativos Silma, S.L. B15102890. Avda. dos Mallos, 108, A Coruña.

Procedemento: acta de desconformidade A02. Taxa fiscal xogo 1997.