Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 15 de outubro de 1999 Páx. 12.310

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 7 de outubro de 1999 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, anunciado pola Orde do 9 de setembro de 1999.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta con

sellería, por Orde do 9 de setembro de 1999 (Diario Oficial de Galicia nº 180, do 16), de conformidade co disposto no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, na súa nova redacción dada pola Lei 3/1995, do 10 de abril, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e no uso das facultades conferidas polo artigo 15.4º da referida lei esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Resolve-la convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, anunciada pola Orde do 9 de setembro de 1999 (Diario Oficial de Galicia nº 180, do 16).

Segundo.-Adxudicar destino no posto de traballo que se indica e selecciona-lo funcionario que se relaciona no anexo I da presente orde.

Terceiro.-O cesamento no destino actual do funcionario que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte á data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días a partir do seguinte ó do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente o funcionario preste servicios, ou dun mes se radica en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e o disposto na base séptima da convocatoria.

O cómputo de prazos de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licencias, que, de se-lo caso, lles foran concedidas ós interesados. Nos supostos de baixa temporal ou transitoria iniciarase a partir da correspondente alta.

Cuarto.-O xefe do centro no que cause baixa o funcionario, así como o daquel no que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión.

Quinto.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 1999.

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

ANEXO I

NRP/DNI: 3531421602 A2059.

Grupo: D.

Apelidos e nome: Crespo Iglesias, M. Rosario.

Código: OT.C01.00.000.15770.010.

Denominación do posto de traballo: secretario de conselleiro.

Centro directivo: Secretaría Xeral.

Localidade: Santiago de Compostela.

Corpo ou escala: A1 Admón. xeral.

Nivel: 20.

Específico: 613320.