Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 14 de outubro de 1999 Páx. 12.265

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 13 de setembro de 1999, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se somete a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto de vertedoiro e accesos en Ribeira de Piquín (provincia de Lugo), e promovida polo Concello de Ribeira de Piquín (Lugo).

En cumprimento do disposto no artigo 2, punto 4º, do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia (DOG nº 199, do 15 de outubro), e durante o prazo de vinte días, o órgano ambiental someterá o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude

RESOLVO:

1. Someter a información pública, o estudio de efectos ambientais do proxecto de vertedoiro e acceso en Ribeira de Piquín, provincia de Lugo, situada no concello de Ribeira de Piquín (Lugo).

2. Para os devanditos efectos informativos, porase á disposición dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:

-Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

-Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia de Lugo.

-Concello de Ribeira de Piquín.

3. As alegacións formularanse durante o dito prazo de vinte días contado a partir do día seguinte á publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 1999.

Francisco Pan-Montojo González

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental