Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 14 de outubro de 1999 Páx. 12.264

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 9 de setembro de 1999, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se somete a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto de canteira de granito ornamental Azul Trasmonte, situada no municipio de Friol (provincia de Lugo) e promovida por Áridos H. Carballido, S.L.

En cumprimento do disposto no artigo 2, punto 4º, do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia (DOG nº 199, do 15 de outubro), e durante o prazo de vinte días, o órgano ambiental someterá o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude

RESOLVO:

1. Someter a información pública, o estudio de efectos ambientais do proxecto de canteira de granito ornamental Azul Trasmonte, situada no municipio

de Friol (provincia de Lugo) e promovida por Áridos H. Carballido, S.L.

2. Para os devanditos efectos informativos, porase á disposición dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:

-Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

-Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia de Lugo.

-Concello de Friol.

3. As alegacións formularanse durante o dito prazo de vinte días contado a partir do día seguinte á publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 1999.

Francisco Pan-Montojo González

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental