Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 14 de outubro de 1999 Páx. 12.256

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de setembro de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa de parque eólico. (Expediente IN661A 99/1-3).

Para os efectos previstos no artigo 11 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, sométese a información pública a petición de autorización da instalación do parque eólico que se describe a continuación

Denominación: parque eólico Serra do Burgo.

Solicitante: Iberdrola Diversificación, S.A.

Domicilio social: Iparraguirre, 12, 48009 Bilbao (Biscaia).

Situación: terreos situados nos concellos de Chandrexa de Queixa e Castro Caldelas.

As coordenadas UTM (m) do polígono que delimita a zona de implantación dos aeroxeradores son:

PuntoUTM-x UTM-y

1630000 4686000

2631000 4686000

3633000 4688000

4632000 4688500

Descricións técnicas: o parque eólico Serra do Burgo disporá dun conxunto de 19 aeroxeradores de 660 kW de potencia unitaria, que suma unha potencia bruta total de 12,54 MW.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días. En igual prazo presentaranse as solicitudes en competencia, que se axustarán ó disposto no artigo 10 do citado decreto.

Ourense, 7 de setembro de 1999.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense