Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 14 de outubro de 1999 Páx. 12.252

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de agosto de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 99/659).

Para os efectos previstos no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da empresa Industriales Panaderos Agrupados (Ipasa), S.A. con enderezo social na rúa Pasteur, 9, 15008 A Coruña, para autorización administrativa da instalación que segue:

Planta de coxeración con motor xerador de 1.750 kVA (1.400 kWE), tensión de xeneración 0,4 kV, que utilizará como combustible gas natural.

Centro de transformación 0,4/15-20 kV cun transformador de 1.750 kVA montado en interior.

Lugar onde se vai establecela instalación: factoría da empresa na rúa Pasteur, 9, A Grela, A Coruña.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta Delegación Provincial, edificio administrativo de servicios múltiples, Monelos, 15071 A Coruña.

A Coruña, 26 de agosto de 1999.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial da Coruña en funcións