Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 14 de outubro de 1999 Páx. 12.249

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE CANGAS

EDICTO (188/1998).

En virtude do acordado en providencia do nove de setembro de mil novecentos noventa e nove pola xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción Mª Ángeles Villegas García en autos de xuízo verbal de faltas 188/1998 por instancia do Ministerio Fiscal, contra José Borjas Jiménez, que tiña o seu domicilio en Vigo, r/ Ramón Nieto, 272 e na actualidade en ignorado paradoiro, para que compareza na sala de audiencia deste xulgado, sito na Avda. de Lugo número 20, o 28 de outubro ás 14 horas, por se ter sinalado esa data para a realización do acto do xuízo ó que deberá asistir en calidade de denunciado; fáiselle saber que a súa ausencia non suspenderá a realización nin a resolución do xuízo, que deberá concorrer cos medios de proba dos que tente valerse para a súa defensa e, no caso de non comparecer, recaerán sobre el os prexuízos ós que haxa lugar en dereito.

E para a súa inserción no DOG e para citación de José Borjas Jiménez, expido este edicto en Cangas o 10 de setembro de 1999.

O xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado