Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 14 de outubro de 1999 Páx. 12.247

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 1999, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban as relacións de admitidos no concurso 4/1999 convocado pola Orde do 24 de xuño de 1999.

Vistas e examinadas as solicitudes dos participantes no concurso para a provisión dos postos de traballo vacantes nas escalas de estatística da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 24 de xuño de 1999 (DOG nº 126, do 12 de xullo), esta dirección xeral

RESOLVE:

Aproba-la relación de solicitantes admitidos no concurso 4/1999.

A relación atópase exposta nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nos das súas delegacións provinciais e oficinas comarcais e na Dirección Xeral da Función Pública.

Os solicitantes que non figuren na relación de admitidos disporán dun prazo de dez días, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, para formular, se é o caso, as alegacións pertinentes.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 1999.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública