Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos de transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que os interesados obtiveron a autorización previa prevista no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio) e o artigo 10 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG nº 228, do 21 de novembro) e que foi acreditada a transmisión de dereitos e aboados os impostos correspondentes.
Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamado a nova titularidade da concesión e establecemento que se relaciona a continuación:
Nome do viveiro: J.H.T. II.
Cultivo: mexillón (M. galloprovincialis).
Localización: cuadrícula nº 145 Vilagarcía de Arousa.
Data da concesión: 9-7-1969.
Data do remate da última prórroga: 9-8-2009.
Anteriores concesionarios: Hermo Tubío, Luis (35.364.439) e Novo Caamaño, Carmen (33.149.921).
Nova titular concesión: Hermo Novo, Mª Consuelo (33.222.731).
A nova concesionaria queda subrogada nos mesmos dereitos e obrigas dos anteriores concesionarios, así como ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de categoría suficiente.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura ou recurso contencioso-administrativo que se interporá no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación ou publicación ante a xurisdicción contencioso-administrativa, de conformidade co dispos
to no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa.
Vigo, 8 de setembro de 1999.
P.D. (Orde 14-6-1999, DOG 120/24-6-1999)
Rosa Mª Quintana Carballo
Delegada territorial de Pontevedra