Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Luns, 11 de outubro de 1999 Páx. 12.178

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/70-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., urbanización O Córrego.

Situación: O Barco de Valdeorras.

Descricións técnicas: L.M.T. soterrada a 15 kV de 425 metros de lonxitude en conductor R.H.Z.-12/20 kV, con orixe en apoio de derivación da L.M.T. ó C.T. aéreo existente O Córrego e remate no C.T. proxectado con 630 kVA, R/T 15.000/380-220 V en urbanización O Córrego.

R.B.T. soterrada do C.T. proxectado de 835 metros en conductor R.V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 3 de setembro de 1999.

Gabriel Diéguez Domínguez

Delegado provincial en funcións de Ourense