Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Luns, 11 de outubro de 1999 Páx. 12.172

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 1999 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público con procedemento aberto e trámite de urxencia, para a adquisición de equipamento informático con destino ós departamentos de orientación dos centros educativos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Coordinación Administrativa e Xestión Orzamentaria.

c) Número de expediente: SXCA 14/99.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: adquisición de equipamento informático con destino ós departamentos de orientación dos centros educativos da Consellería de Educación e Ordenacion Universitaria.

b) Lugar de entrega: almacén da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria sito no polígono industrial Toedo, A Estrada (Pontevedra), ou no lugar que esta designe.

c) Prazo de entrega: no prazo dun mes, contado desde a data de notificación da adxudicación do concurso.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: (36.000.000 de ptas.) (216.364,36 euros).

5. Garantías.

a) Provisional: 720.000 ptas.

b) Definitiva: 1.440.000 ptas.

6. Obtención da documentación e información.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (oficina de Información).

b) Domicilio: edificios administrativos, San Caetano s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

d) Teléfono: 981 54 44 28.

e) Telefax: 981 54 54 43.

f) Data límite de obtención da documentación e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista: os sinalados no prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: dentro do prazo de 13 días naturais contados a partir do día seguinte ó da públicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado ou festivo, o prazo entenderase prorrogado ata as 14 horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, ou por correo, conforme o establecido no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

2. Domicilio: edificios administrativos, San Caetano s/n.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

d) Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (sala de xuntas).

b) Domicilio: edificios administrativos, San Caetano s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

d) Data: o sexto día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas. De coincidir en sábado ou festivo, terá lugar o seguinte día hábil.

e) Hora: 11.30 horas.

10. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 1999.

P.D. (Orde 21-6-1996)

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria