Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Venres, 08 de outubro de 1999 Páx. 12.095

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 1999, da División de Recursos Humanos, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan o proceso selectivo para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, relativo á realización do terceiro exercicio da fase de oposición.

O punto 3 da base sexta a) da resolución da División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde do 28 de decembro de 1998 (DOG nº 9, do 15 de xaneiro de 1999), pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, dispón que as datas de realización das probas serán anunciadas no Diario Oficial de Galicia cun prazo mínimo de 10 días naturais de antelación.

Adoptado acordo polos respectivos tribunais sobre o lugar, a data e a hora de realización do terceiro exercicio da fase de oposición, procede agora darlle publicidade no DOG, facultándose para iso expresamente á División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, polo que,

RESOLVE:

Primeiro.-Convoca-los aspirantes que superaron o segundo exercicio da fase de oposición da categoría do grupo de xestión da función administrativa de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde convocada na dita Resolución do 28 de decembro de 1998, para a realización do terceiro exercicio da fase de oposición o vindeiro día 19 de outubro, ás 16.30 horas, no Palacio de Congresos e Exposicións, sito en San Lázaro, s/n, de Santiago de Compostela.

Segundo.-Convoca-los aspirantes que superaron o segundo exercicio da fase de oposición das correspondentes categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde convocadas na dita Resolución do 28 de decembro de 1998, para a realización do terceiro exercicio da fase de oposición o vindeiro día 24 de outubro de 1999, consonte a seguinte distribución:

Chamamento: 9 horas.

Categorías:-ATS/DUE.-Fisioterapeuta.-Traballador social.-Logopeda.-Matrona.-TEL.-TER.-TEAP.-Hixienista dental.-Cociñeiro.

Chamamento: 11.30 horas.

Categoría: auxiliar de enfermería.

Chamamento: 16 horas.

Categoría: celador.

Chamamento: 18.15 horas.

Categoría: pinche.

O dito exercicio será realizado simultaneamente en dúas sedes:

Na Coruña, no Pazo de Congresos e Exposicións, sito na Glorieta de América s/n (xunto ó parque de Santa Margarita).

En Vigo, no Pavillón Central das Travesas, Avda. de Castrelos 1 (na praza de América).

Para a distribución de aspirantes nas sedes, segundo a sede asignada oficialmente na lista definitiva para o primeiro exercicio, terase en conta que os aspirantes que foron a Lugo realizarán o exame na Coruña; así mesmo, os aspirantes que foron a Ourense realizarán o exame en Vigo.

Terceiro.-Os aspirantes terán que ir provistos necesariamente do documento nacional de identidade, permiso de conducir ou pasaporte, e de bolígrafo azul ou negro. O chamamento é único polo que se excluirá do concurso-oposición a quen non compareza.

Cuarto.-Esta resolución poderá ser impugnada polos interesados nos termos previstos na base décima da citada convocatoria.

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 1999.

Valeriano Martínez García

Director xeral da Division de Recursos Humanos