Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Xoves, 07 de outubro de 1999 Páx. 12.073

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 1999, da presidencia do organismo autónomo local Pazo de Congresos e Exposicións, pola que se anuncia a licitación para a adxudicación, mediante concurso, da concesión da xestión e explotación da cafetería e restaurante do organismo autónomo Pazo de Congresos e Exposicións.

1. Entidade adxudicadora: organismo autónomo local Pazo de Congresos e Exposicións, rúa Alexandre Bóveda, s/n, 36071 Pontevedra.

a) Órgano de contratación: Consello de Goberno.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: xestión e explotación da cafetería e restaurante do organismo autónomo local Pazo de Congresos e Exposicións.

b) Duración da concesión: o contrato de xestión e explotación da cafetería e restaurante terá unha duración máxima de dez anos improrrogables, computados desde a formalización do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Canon: o canon anual mínimo para satisfacer polo concesionario fíxase en 1.800.000 ptas., que será aboado na Tesourería do concello por trimestres vencidos, dentro dos primeiros dez días do mes seguinte ó vencemento.

5. Garantías.

a) Provisional: 200.000 ptas.

b) Definitiva: 1.800.000 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Lugar: Pazo de Congresos e Exposicións, rúa Alexandre Bóveda, s/n. Pontevedra 36005. Teléfono: 986 83 30 61. Fax: 986 87 40 70.

b) Data límite de obtención de documentos e información: vinteseis (26) días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

7. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: vinteseis días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: cláusula 12ª do prego.

c) Lugar da presentación: rexistro xeral do Concello de Pontevedra, en horario das 9 ás 13 horas.

8. Apertura das ofertas: pola mesa de contratación o día seguinte hábil ó da terminación do prazo sinalado para a presentación das ofertas; se coincidise en sábado, a apertura realizarase o día seguinte hábil, ás 9 horas, na sala de xuntas do concello.

9. Criterios de selección: os criterios que servirán de base para a adxudicación serán os seguintes:

a) Maior canon anual ofertado polo licitador para aboar na Tesourería do organismo autónomo polo uso dos bens de dominio público, respecto ó establecido neste prego como canon mínimo. Valorarase ata un máximo do 25%.

b) Calidade e importe dos investimentos (materiais, mobiliario, decoración, menaxe, etc.) para realizar na cafetería e restaurante, conforme o especificado no anteproxecto. Valorarase ata un 40%.

c) Prezos ofertados polos servicios para prestar polos licitadores (tarifas de prezos). Valorarase ata un 10%.

d) Medios persoais adscritos ó servicio número e cualificación. Valorarase ata un 15%.

e) Reducción do prazo da concesión. Valorarase ata un 10%.

10. Gastos: serán por conta do adxudicatario os seguintes gastos:

1º) Os dos anuncios que xere o concurso e os seus actos preparatorios.

2º) Os tributos estatais, autonómicos e municipais que deriven do contrato, incluído o IVE.

3º) Os gastos que se xeren da explotación do local destinado á cafetería e ó restaurante e o imposto de actividades económicas.

4º) Tódolos gastos que xere a adaptación do local e, se é o caso, do contorno destinado a cafetería e restaurante.

5º) Os gastos de mantemento das zonas afectadas pola concesión.

Pontevedra, 15 de setembro de 1999.

Miguel Anxo Fernández Lores

Presidente

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral