Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Xoves, 07 de outubro de 1999 Páx. 12.072

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

Por resolución desta alcaldía, do 22 de setembro de 1999, quedou sen efecto a publicada no DOG nº 146, do 30 de xulllo, e no xornal El Ideal Gallego do 27 de xullo; dictouse coa mesma data a que a seguir se insire:

Solicitada pola xunta de compensación do Plan parcial de Cordeda 2ª fase, a expropiación dos terreos dos propietarios non incorporados en tempo e forma a ela, tendo a citada xunta a condición de beneficiaria e presentado simultaneamente o proxecto expropiatorio para a súa tramitación polo procedemento de taxación conxunta.

Vistos os informes da área de Urbanismo incorporados ó expediente.

De conformidade cos artigos 134.1º, parágrafo segundo e 145 da Lei do solo de Galicia.

RESOLVO:

1. Incoar expediente expropiatorio, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens incluídos no ámbito do Plan parcial de Cordeda 2ª fase, dos propietarios non incorporados á xunta de compensación.

2. Aprobar inicialmente o proxecto expropiatorio presentado pola xunta de compensación cunha rectificación nas follas de aprecio correspondentes ó predio nº 3 nos que por erro no seu punto segundo se consigna un piso distinto ó ben obxecto de expropiación e indemnización co que deben corresponderse, e sometelo a información pública polo prazo dun mes, o que se anunciará no Diario Oficial de Galicia e nun dos diarios de maior circulación da provincia, co fin de que os que resultasen interesados formulen as observacións e reclamacións que consideren convenientes, en particular no que afecta á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos.

3. Notificárlle-las taxacións contidas no proxecto de forma individual ós que aparecen como titulares de bens e dereitos, mediante traslado literal da correspondente folla de aprecio e da proposta de fixación dos criterios de valoración, contándose para eles o prazo de alegacións a partir da data de noti

ficación se esta fora posterior ás publicacións do anuncio de información pública.

4. Incorporar ó expediente as alegacións formuladas no prazo derivado de Resolución do 22 de xullo de 1999, deixada sen efecto.

Culleredo, 30 de setembro de 1999.

Julio Sacristán de Diego

Alcalde