Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Xoves, 07 de outubro de 1999 Páx. 12.071

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 1999 pola que se anuncia concurso público 8/1999, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación dos expedientes que se citan.

Subministracións.

Expediente nº 1037/99.

Obxecto: automatización da instrumentación da auscultación de presas bóveda.

Centro e localidade: E.T.S.E. de Camiños, Canais e Portos (Campus de Elviña).

Provincia: A Coruña.

Importe de licitación: 29.100.000 ptas.

Garantía provisional: 582.000 ptas.

Obras.

Expediente nº 3023/99.

Obxecto: melloras na instalación eléctrica.

Centro e localidade: E.T.S. de Arquitectura (Campus da Zapateira).

Provincia: A Coruña.

Importe de licitación: 13.295.438 ptas.

Garantía provisional: 265.909 ptas.

Clasificación: non se esixe.

Prazo de execución: 2 meses e medio.

Expediente nº 3024/99.

Obxecto: reforma de locais.

Centro e localidade: Facultade de Ciencias da Educación (Campus de Riazor).

Provincia: A Coruña.

Importe de licitación: 24.639.578 ptas.

Garantía provisional: 492.792 ptas.

Clasificación: grupo C, subgrupo todos, categoría d.

Prazo de execución: 3 meses.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Universidade da Coruña.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica.

c) Número de expediente: o indicado para cada expediente.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: a indicada para cada expediente.

b) División por lotes e número: os indicados en cada expediente.

c) Lugar de entrega/execución: A Coruña ou Ferrol segundo o especificado en cada expediente.

d) Prazo de entrega/execución (meses): os arriba sinalados.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento de licitación:

a) Importe total: os indicados para cada expediente.

b) Prima: a indicada para cada expediente.

c) Canon: o indicado para cada expediente.

5. Garantías:

a) Provisional: a indicada para cada expediente.

b) Definitiva: a indicada para cada expediente.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Universidade da Coruña. Servicio de Xestión Económica.

b) Enderezo: rúa A Maestranza, s/n.

c) Localidade e código postal: 15001 A Coruña.

d) Teléfono: 981 16 70 00.

e) Telefax: 981 16 70 12.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior ó de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: o décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1.-Entidade: Universidade da Coruña. Rectorado. Rexistro Xeral.

2.-Enderezo: rúa A Maestranza, s/n.

3.-Localidade e código postal: 15001 A Coruña.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Admisión de variantes: admítense ata tres variantes.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Universidade da Coruña.

b) Enderezo: rúa A Maestranza, s/n.

c) Localidade: A Coruña.

d) Data: terceiro día seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións; se este día fose inhábil ou sábado, realizarase o seguinte día hábil.

e) Hora: 11 horas.

9. Gastos de anuncios: serán por conta dos adxudicatarios a rateo.

A Coruña, 29 de setembro de 1999.

P.D. (Resolución 30-3-1990)

Víctor Cabrera Sánchez

Xerente