Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Xoves, 07 de outubro de 1999 Páx. 12.065

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 13 de setembro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación do acordo de iniciación dos procedementos sancionadores de epizootias 242SA/1999 e 262SA/1999.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, que modifica a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-lo acordo de iniciación dos procedementos sancionadores por infracción da Lei do 20 de decembro de 1952, sobre epizootias (BOE do 23 de decembro), e do seu Regulamento do 4 de febreiro de 1955, modificado, entre outros, polo R.D. 1665/1976, do 7 de maio, (BOE do 21 de xuño), polo que se actualizan as sancións posto que, intentada a notificación, esta non puido ser efectuada polo servicio de correos.

Noméase instructora do procedemento a Paloma Puente Sánchez, funcionaria desta delegación, podendo promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 29 da Lei 30/1992, citada.

A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para que poidan examina-los expedientes na delegación provincial desta consellería na Coruña, sita no edificio administrativo de Servicios Múltiples, Monelos, e para achegar, por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas, estimen convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuaren alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberán emprega-lo impreso normalizado que lles será facilitado nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Servicios Múltiples, Monelos, A Coruña.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade san-

cionadora, aprobado polo R.D. 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

A Coruña, 13 de setembro de 1999.

Rogelio del Valle Muñoz-Cobo

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: 242SA/1999.

Denunciado: Castro Martínez, Manuel.

DNI: 33.206.852.

Último enderezo coñecido: Meixonfrío nº 6, Santiago de Compostela.

Feitos denunciados: transportar animais (7) da especie cabrúa no vehículo Ford Transit PO-9959-Z, carecendo do certificado de inscrición do vehículo para transportar animais vivos no Servicio de Sanidade e Producción Animal.

Tipificación da infracción, Regulamento de epizootias: artigo 52 do Regulamento de epizootias e o artigo 5.2º da Orde 4-4-1997 en relación co 224º do mesmo regulamento.

Sanción: 15.000 ptas.

Expediente: 262SA/1999.

Denunciado: García Iñíguez, Antonio.

DNI: 76.446.299.

Último enderezo coñecido: r/ Obispo Argalla nº 65, Narón (A Coruña).

Feitos denunciados: descargar dun camión 2 vacas e 2 becerros na feira de Moeche, carecendo do libro oficial de rexistro dos movementos e compra-venda de gando (trato).

Tipificación da infracción, Regulamento de epizootias: artigo 17 Lei de epizootias, 4º do Decreto 355/1994 e 10º da Orde 23-8-1995, en relación co 224º do Regulamento de epizootias.

Sanción: 15.000 ptas.