Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Xoves, 07 de outubro de 1999 Páx. 12.055

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de agosto de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/242-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda de García Barbón 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. rúa Rosalía de Castro-O Carril.

Situación: Vilagarcía de Arousa.

Descricións técnicas: L.M.T., aerosubterránea, a 20 kV, de 35 m de lonxitude, o tramo aéreo, con conductor tipo LA-56, e 280 m de lonxitude o tramo subterráneo, con conductor tipo R.H.V., desde un apoio existente no p.k. 17,750 da estrada Vilagarcía-Padrón, da L.M.T. ó C.T O Carril, ata o apoio proxectado nº 1, desde onde continúa en subterránea e alimentando en bucle ó C.T. que se proxecta na rúa Rosalía de Castro no Carril, no concello de Vilagarcía de Arousa, e rematando no mesmo apoio nº 1, onde se inicia a liña subterránea C.T. de 1.260 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T, aérea, de 65 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z. e R.B.T. subterránea, de 700 m de lonxitude, con conductor tipo R.V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.

Pontevedra, 30 de agosto de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra