Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Xoves, 07 de outubro de 1999 Páx. 12.055

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 4 de agosto de 1999, do recadador da zona de Vigo, polo que se notifica que se segue nesta oficina expediente de constrinximento contra o debedor que se sinala.

O recadador da Xunta de Galicia, titular da zona de Vigo, por medio do presente anuncio fai saber que se segue nesta oficina expediente de constrinximento contra o/s debedor/es que se sinala/n na relación que se acompaña. No/s devandito/s expediente/s practicouse a dilixencia de embargo sobre o/s inmoble/s que aparecen como propiedade do/s debedor/es; dilixencia que non puido ser notificada ós interesados malia ós intentos feitos nese sentido. A referencia da/s dilixencia/s é/son a/s que segue/n:

InteresadoNIFData

dilixencia

TomoFolioTerreo

José R. Curbera, S.A.A3660119326/10/9872179 Vto.2.037

José R. Curbera, S.A.A3660119326/10/983393633.936

Todo o dito en cumprimento do artigos 124 do vixente Regulamento xeral de recadación.

Do presente embargo tomarase nota no Rexistro da Propiedade que corresponda, a favor da Xunta de Galicia.

O que se publica para efectos de notificación coa advertencia de que os interesados poderán presentar recurso de reposición, no prazo de quince días hábiles, contados desde o seguinte ó desta publicación, perante o Servicio Central de Recadación da Xunta de Galicia, sito no edificio administrativo San Caetano, de Santiago de Compostela ou reclamación económico administrativa, perante o tribunal da devandita xurisdición, sen que poidan simultanearse ámbolos dous recursos.

Vigo, 4 de agosto de 1999.

Javier Sánchez García

Recadador da zona de Vigo