Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Xoves, 07 de outubro de 1999 Páx. 12.030

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 26 de agosto de 1999 de delegación de competencias nos Colexios Oficiais de Farmacéuticos da Comunidade Autónoma galega.

Advertido erro no texto da citada orde publicada no DOG número 174, do mércores 8 de setembro de 1999, é necesario face-la seguinte corrección:

Na páxina 11.038, punto 1.a), onde di: «Autorización de novas oficinas, unicamente ata o momento procedemental da proposta de resolución de autorización nos municipios que poidan contar con novas oficinas de farmacia...,» debe dicir: «Autorización de novas oficinas, unicamente ata o momento procedemental da proposta de resolución de autorización dos municipios que poidan contar con novas oficinas de farmacia...».