Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 06 de outubro de 1999 Páx. 12.010

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación definitiva do proxecto de urbanización dunha rúa de nova apertura, unión entre a rúa de Campolameiro e a rúa da Torre.

A Comisión de Goberno, en sesión que tivo lugar o día dezanove de xullo de mil novecentos noventa e nove acordou prestar aprobación definitiva ó proxecto de urbanización dunha rúa de nova apertura, unión entre a rúa de Campolameiro e a rúa da Torre, formulado mediante iniciativa particular por Porta do Sol-Lérez, Sociedad Limitada, e redactado polo arquitecto Francisco Lorente Rivas, visado pola Delegación en Pontevedra do COAG con data do 5-6-1998 e anexo á memoria e planos de número 04, 05, 06 e 07, que reforman e anulan os correlativos del, con visado colexial do 24-9-1998, téndose que suxeitar a determinadas condicións.

O que se fai público para a súa executividade, salientando que contra este acto administrativo, que pon fin á vía administrativa, se poderá interpoñer ben o recurso potestativo de reposición perante o mesmo órgano dictou e no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa modificación, consonte co establecido no artigo 116.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, na redacción dada pola Lei 4/1999, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa notificación, conforme o disposto nos artigos 8.1º e 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

De se interpoñe-lo recurso potestativo de reposición, este deberá ser resolto e notificado no prazo dun mes segundo se establece no artigo 117.2º da citada Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, entendéndose desestimado polo transcurso do mencionado prazo sen resolución expresa, de conformidade co establecido no artigo 43.2º desa Lei 30/1992, podéndose entón interpoñer recurso contencioso-administrativo dentro do prazo de seis meses contados desde o día seguinte a aquel no que se deba entender presuntamente desestimado o recurso de reposición interposto, conforme o establecido no artigo 46.1º e 4º da Lei 29/1998.

Non obstante, tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que os interesados consideren procedentes consonte a dereito.

Pontevedra, 6 de setembro de 1999.

P.D.

Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo

Teniente-alcalde delegado da Área de Urbanismo

e Medio Ambiente

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral