Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 06 de outubro de 1999 Páx. 12.009

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO para a adxudicación por concurso, con procedemento aberto e trámite de urxencia, das obras de acondicionamento do local para centro municipal de servicios sociais e gabinete de inserción laboral.

Entidade adxudicadora:

Concello de Culleredo (A Coruña).

Praza do Concello, s/n, Tarrío-Culleredo (A Coruña).

Teléfono: 981 67 77 77.

Fax: 981 67 76 46.

Obxecto do contrato:

Acondicionamento de local para centro municipal de servicios sociais e gabinete de inserción laboral.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

Orzamento: 7.978.406 ptas./47.951,19 euros.

Garantía provisional: 2% do orzamento.

Garantía definitiva: 4% do orzamento.

Duración do contrato: 1 mes.

Obtención de documentos e información:

Concello de Culleredo.

Praza do Concello, s/n, Tarrío.

Culleredo-A Coruña (España).

Enviaranse contra reembolso ou logo do pagamento dos gastos que ocasione.

Presentación de ofertas: 13 días naturais contados a partir do último anuncio (BOP e DOG).

Apertura de ofertas: o terceiro día hábil seguinte á finalización do prazo de presentación de ofertas. Se fose sábado trasladarase ó día hábil seguinte.

Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Culleredo, 20 de setembro de 1999.

P.D. (R.A. 13-7-1999)

Purificación Illobre Carbón

Concelleira de Economía, Facenda,

Patrimonio e Contratación