Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 06 de outubro de 1999 Páx. 12.000

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, a declaración de utilidade pública e a aprobación do proxecto para execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 225/1999).

De conformidade co disposto no título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE do 28 de novembro), e decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre instalacións eléctricas (BOE do 24 de outubro), de aplicación transitoria, incóase o expediente e sométese a información pública a solicitude de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. con enderezo na Avda. de Arteixo, 171, da Coruña, como entidade beneficiaria, para a autorización administrativa; a declaración de utilidade pública, que levará implícita a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso sobre os bens e dereitos que se afecten; e a aprobación do proxecto de execución das instalacións de:

A liña eléctrica aérea a 20 kV, sobre apoios de formigón e de chapa metálica, de 490 m de lonxitude, con conductor LA-56 e orixe en apoio nº 5 da liña que alimenta o C.T. de Manselle e final no C.T. Castro, que se vai instalar. Centro de transformación, tipo intemperie, de 100 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Castro, do que parte rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e con conductor R.Z. de 711 m de lonxitude. Coa finalidade de mellora-a seguridade e calidade da subministración da zona de Castro e Sar. No termo municipal de Dodro. (Expediente 225/1999).

O que se fai público para coñecemento xeral en especial dos propietarios e demais titulares afectados dos que se insire relación no anexo desta resolución, así como as persoas que sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos, para que poidan examina-lo expediente no que constan as características e afeccións derivadas do proxecto nesta delegación provincial, situada no edificio administrativo Monelos s/n, 15071 A Coruña, e presenta-las alegacións oportunas no prazo de 30 días, contados desde o seguinte a última publicación desta resolución.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 4/1992, do 13 de xaneiro, de modificaicón da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de resultaren os titulares dos predios propostos como descoñecidos ou cando se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

A Coruña, 6 de setembro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 225/1999 Provincia: A Coruña.

L.M.T., C.T. e R.B.T. Castro e SarTermo municipal: Dodro.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1PradoPradoMaría Martínez AbuínIgrexa, 6,

15982 Laíño

LAT164

2VaseloPradoIsabel Martínez GonzálezTarrío, 5,

15982 Laíño

1254372

3Muíño do CanPradoPeregrina Sara Reboiras ReyRial de Lagoa, 27,

15982 Laíño

13130

4Muíño do CanPradoPeregrina Sara Reboiras ReyRial de Lagoa, 27,

15982 Laíño

œ 2175750

5ViñaPradoAna Muñiz AbuínMuronovo, s/n,

15982 Laíño

œ 2134544

8Agro do MartiñoPradoBenito Rey ReboirasCarrero Blanco, 6-3,

15930 Boiro

89445

9XacomePradoCarmen Rey ReboirasRial de Lagoa, 22,

15982 Laíño

31155

10CortiñasPradoLidia Ferreiros RefogoRial de Lagoa, 20,

15982 Laíño

60960

11NiveiraMonte baixoCC de montes veciñaisDodro, s/n,

15981 Dodro

3256560

13SoutaMonte altoRamón Calvo CastroA Marquesa, 31,

15984 Asados

LAT24