Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S., A Grela-O Ventorrillo (L-6).
Situación: A Coruña.
Descricións técnicas: liñas elécricas subterráneas de media tensión, a 15 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V.-12/20 kV de 3(1x240) mm Al de 150 m de lonxitude, con orixe na liña que vai desde C.T. Avda. dos Mallos (expediente 50834) e remate
no C.T. San Luis de 260 m de lonxitude en C.T. centro de reflexión O Ventorrillo (expediente 25936) e remate no C.T. Nosa Señora (expediente 33246). A Coruña.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.
A Coruña, 6 de setembro de 1999.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña