Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 06 de outubro de 1999 Páx. 11.998

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de agosto de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/161-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Eléctrica de Moscoso, S.L.

Domicilio social: Avda. de José Antonio, 21 36830 A Lama.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Enxameáns-Fontecova.

Situación: A Lama.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea, a 20 kV, de 790 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios metálicos e de formigón, desde a L.M.T. Forzáns-A Lama ata o C.T. que se preoxecta en Enxameáns-Fontecova, concello da Lama. C.T. de 100 kVA, relación de transformación 20 kV-400 V. R.B.T. aérea, de 340 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente o seu dereito.

Pontevedra, 30 de agosto de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra