Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 06 de outubro de 1999 Páx. 11.996

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de agosto de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa e declaración de utilidade pública para o trazado do Modificado I ó proxecto da L.M.T.-C.T.-R.B.T. Ribadavia-Valdepereira, no concello de Ribadavia. (Expediente IN407A 98/122-3).

1. Autorización administrativa.

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, de autorización de instalacións eléctricas, sométese a información pública a petición de autorización administrativa para o trazado da liña eléctrica de referencia, que conta coas características técnicas básicas que se refiren a continuación.

a) Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

b) Localización: concello de Ribadavia (Ourense).

c) Finalidade: mellora-la seguridade e calidade do servicio nas zonas de influencia, segundo as directrices do Plan MEGA.

d) Trazado e datos básicos: L.M.T. aérea a 20 kV, de 1.457 metros de lonxitude, en conductor LA-110, con orixe no apoio nº 21, da L.M.T. de dobre circuíto Castrelo-Ribadavia, e final no apoio nº 10 da L.M.T. proxectada a Valdepereira. L.M.T. aérea a 20 kV, de 996 metros de lonxitude, en conductor LA-110, con orixe no pórtico da saída da subestación de Castrelo, e final no apoio nº 10 da L.M.T. proxectada ó C.T. de Chao. L.M.T. aérea a 20 kV de 685 metros de lonxitude, en conductor LA-110, con orixe no apoio nº 10 da L.M.T. proxectada, e final no apoio nº 19 da L.M.T. proxectada. L.M.T. soterrada a 20 kV, de 880 metros de lonxitude, en conductor R.H.V., con orixe no apoio nº 19 do tramo aéreo da L.M.T. Castrelo-C.T. Chao, e final no apoio nº D-16, da L.M.T. dobre circuíto-Castrelo-Ribadavia. C.T. prefabricado de Chao de 400 kVA e r/t 20.000/380-220 V, rede de baixa tensión soterrada de 40 metros de lonxitude, en conductor R.V. C.T. non prefabricado a reformar da fábrica de ataúdes

Hijos de Luis Chao, S.A., de 400 kVA e r/t 20.000/380-220 V.

e) Orzamento: 33.740.000 ptas.

2. Urxente ocupación.

O beneficiario, ó abeiro, do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico

solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública da instalación, o que, segundo o sinalado no artigo 54 daquela, levará implícita en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou a adquisición dos dereitos afectados -os cales se describen na relación adxunta- e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa; iso segundo o procedemento establecido polos artigos 10, 16 e 31.5º do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalación eléctricas, de aplicación ó expediente polo sinalado na disposición transitoria primeira da citada Lei 54/1997.

3. Alegacións.

A presente resolución sométese a información pública para coñecemento xeral dos propietarios e demais titulares afectados que non chegasen a un acordo amigable coa entidade solicitante, así como

das persoas que sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos afectados fosen omitidos, para que poidan examina-lo expediente nas oficinas desta delegación provincial, rúa Curros Enríquez nº 1, 4º de Ourense, e presentar, de se-lo caso, as alegacións que sexan oportunas no prazo de trinta días, contados a partir da última publicación deste anuncio.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñocidos ou se ignore o lugar de notificación, con traslado ó Ministerio Fiscal das dilixencias que se produzan.

Ourense, 27 de agosto de 1999.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 122/98Provincia: Ourense.

L.M.T. central de Castrelo-C.T. ChaoTermo municipal: Ribadavia.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

10CarreiriñaViñedoLuis Conde GogorzaAvda. Fisterra, 13-2º,

15004 A Coruña

58580

12CarreiriñaViñedoManuel Amador Vázquez SánchezAvda. Buenos Aires, 89-3º,

15004-Muros-A Coruña

10110

35Monte da MinaMonte altoComunal de Sampaio-Sta. Cristina

Pte.: Modesto Gómez González

Sampaio, 62-sn,

32414-Ribadavia-Ourense

9-10

11-12

104557.280

42Monte OscuroMonte altoCarmen Sánchez GarcíaSampaio, 49-sn,

32414-Ribadavia-Ourense

20

Expediente: 122/98.Provincia: Ourense.

L.M.T. Ribadavia-Valdepereira.Termo municipal: Ribadavia.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

11GandarelaMonte bajoManuel Freijoso JustoR/ Yáñez, 9,

32400-Ribadavia-Ourense

34340

13GandarelaViñedoConstante Monterao MonteroA Groba, 21,

32415-Ribadavia-Ourense

21210

14GandarelaViñedoJosé Pérez GonzálezSampaio, 46,

32414-Ribadavia-Ourense

21210

15GandarelaViñedoAntonio Sánchez GómezEstrada Castrelo, 25,

31414-Ribadavia-Ourense

13130

17GandarelaViñedoCelia Chosal PrietoA Quinza-Sampaio, 25,

32414-Ribadavia-Ourense

770

19GandarelaMonte altoJosé Sánchez MartínezHnos. Álvarez Araújo, 22,

32400-Ribadavia-Ourense

23368

20GandarelaMonte altoManuel López VillarAlangobarri, 1-2º C,

48990-Algorta (Biscaia)

20320

21GandarelaViñedoCástor Sánchez VidalQuartlehof, 1,

3013-Berna (Suíza)

56560

22GandarelaViñedoLeopoldo Chousal PrietoVentosela, 32414-Ribadavia-Ourense3242334

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

26C. RegreiroMonte baixoBenito Álvarez VillanuevaRúa de Abaixo (Sampaio), 1

32414-Ribadavia-Ourense

15

27C. RegreiroMonte baixoBenito Álvarez VillanuevaRúa de Abaixo (Sampaio),1,

31414-Ribadavia-Ourense

55550

38C. RegreiroMonte altoAmancio Álvarez FormigoA Quinza, 3,

32414-Ribadavia-Ourense

7112

46C. RegreiroViñedoDolores Martínez QuesadaR/ Venezuela, 33,

36203-Vigo (Pontevedra)

6239390

52C. CamiñoViñedoRamón Álvarez Touza e outrosValdepereira, 52,

32415-Ribadavia-Ourense

71636

53V. CamiñoViñedoMª Luisa Espiñeira DomínguezAvda. Castrelos, 83-baixo,

36210-Vigo (Pontevedra)

71742

56V. CamiñoMonte baixoComunidade de Montes de SampaioSampaio, 32414-Ribadavia8292920

57V. CamiñoMonte altoJulio Quintero Canal e outroCto. Castrelo Sampaio, 61,

32414-Ribadavia

16224

12GandarelaMonte baixoCelia Chosal PrietoA Quinza-Sampaio, 25,

32414-Ribadavia-Ourense

13130

42C. RegreiroMonte altoAntonio Sánchez GómezEstrada Castrelo, 25,

32414-Ribadavia-Ourense

696