Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 05 de outubro de 1999 Páx. 11.968

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

SOCIEDADE PÚBLICA DE INVESTIMENTOS DE GALICIA, S.A.

ANUNCIO de demanda de financiamento.

Demanda de financiamento axustada ós seguintes termos:

Modalidade: préstamo.

Importe: ata 72.150.000 euros (12.004.749.900 pesetas) cun mínimo de oferta de 2.000.000 de euros (332.772.000 pesetas) (nun ou varios tramos).

Período de disposición: ata 6 meses nunha ou varias disposicións.

Moeda: euros.

Modalidades:

Opción A: tipo de xuro variable referenciado a Euribor a 3 meses. Poderase incorporar á operación

un «Collar» custo cero no mesmo contrato de préstamo, as condicións do cal fixaranse unha vez outorgado o correspondente mandato.

Prazo: 10 anos (incluída carencia).

Carencia: 2 anos.

Opción B: tipo de xuro fixo.

Prazo: 7 anos (incluída carencia).

Carencia: 2 anos.

Opción C: calquera estructura que a entidade financeira considere que pode ser de interese para SPI-Galicia, S.A.

Prazo: entre 7 e 10 anos (incluída carencia).

Carencia: 2 anos.

(SPI Galicia, S.A. resérvase, en función dos importes ofertados, o dereito a optar por calquera das tres opcións ou ben calquera das combinacións entre elas).

Garantías: as que se deriven do convenio marco e do PEF global de 1999 aprobado polo Consello da Xunta de Galicia o 8 de abril. O contrato que se asine poderá incluír, dentro das causas de vencemento anticipado, a modificación substancial do accionariado de SPI Galicia, S.A.

Presentación de ofertas:

As ofertas dirixiranse en sobre pechado á atención do presidente de SPI Galicia, S.A., Praza de Europa, 10 A-5º, 15703 Santiago de Compostela, facendo constar nel, na marxe superior esquerda o seguinte: «Oferta préstamo outubro 1999».

Prazo de presentación de ofertas:

As ofertas deberán presentarse antes das 12 horas do día 15 de outubro de 1999 no rexistro de SPI Galicia, S.A.

O/os mandato/s serán outorgado/s no prazo máximo de oito días, contados desde a finalización do período de presentación de ofertas.

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 1999.

Juan José Novoa Montero

Presidente da Sociedade Pública de Investimentos

de Galicia, S.A.