Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 05 de outubro de 1999 Páx. 11.967

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

CONCURSOS da Deputación Provincial de Ourense.

No BOP de Ourense do día da data publícanse íntegros os pregos de condicións para os concursos que se relacionan, en procedemento aberto e trámite urxente. As ofertas e documentación presentarense ata as 12 horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, no rexistro xeral da Deputación de Ourense. A apertura de documentación terá lugar o seguinte día hábil (agás sábados), ás 12 horas, no pazo provincial. A documentación que hai que presentar, modelo de presentación e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que lles será facilitado gratuitamente ós que o soliciten, no Rexistro da Deputación Provincial de Ourense, rúa Progreso, 32, ou por teléfono: 988 38 51 00 e fax: 988 38 51 84.

Relación de concursos:

-Contratación do aluguer de maquinaria con conductor para o ano 2000.

-Subministración de áridos, ligantes, formigóns, barreiras de seguridade e marcas viarias para o primeiro semestre do ano 2000.

-Contratación do sevicio de limpeza de edificios provinciais durante o ano 2000.

-Subministración de pensos, fertilizantes minerais e sementes durante o ano 2000.

Ourense, 27 de setembro de 1999.

O presidente

Rubricado