Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 05 de outubro de 1999 Páx. 11.962

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

PARLAMENTO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 9 de setembro de 1999, relativa á adxudicación do concurso, polo procedemento aberto, dos servicios de gravación, arquivo e difusión dos actos parlamentarios e protocolarios realizados no Parlamento de Galicia, así como o mantemento das instalacións de audio, gravación e circuíto pechado de televisión situadas nas súas dependencias.

En cumprimento do disposto no artigo 94.2º da Lei 13/1996, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e no artigo 24 do Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, dispoño a publicación da adxudicación do seguinte contrato de servicio:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Parlamento de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Oficialía Maior.

c) Número de expediente: 5/99.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: de servicios.

b) Descrición do obxecto: concurso, polo procedemento aberto, dos servicios de gravación, arquivo e difusión dos actos parlamentarios e protocolarios realizados no Parlamento de Galicia, así como do mantemento das instalacións de audio, gravación e circuíto pechado de televisión situadas nas súas dependencias.

c) Lotes: único.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 97, do 24 de maio de 1999.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 5.800.000 ptas., IVE incluído (34.858,70 euros).

5. Adxudicación.

a) Data: 28 de xullo de 1999.

b) Contratista: deserto.

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 1999.

José María García Leira

Presidente do Parlamento de Galicia