Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 05 de outubro de 1999 Páx. 11.960

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 1999 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso polo procedemento aberto con trámite de urxencia, da asistencia técnica para tramitación técnica e administrativa de todo tipo de expedientes, relacionados con aproveitamentos hidroeléctricos, no ámbito xeográfico da bacía hidrográfica de Galicia-Costa.

1. Nome, enderezo, teléfono e telefax do poder adxudicador:

Organismo autónomo Augas de Galicia.

Edificios administrativos de San Caetano.

Santiago de Compostela-A Coruña (España).

Teléfono nº: 981 54 45 51.

Telefax nº: 981 54 45 34.

2. a) Procedemento de adxudicación: concurso polo procedemento aberto con trámite de urxencia.

b) Categoría do servicio e descrición:

Clave OH.088.156/A.T.

Asistencia técnica para a tramitación técnica e administrativa de todo tipo de expedientes, relacionados con aproveitamentos hidroeléctricos, no ámbito xeográfico da bacía hidrográfica de Galicia-Costa.

Orzamento: 194.636.400 ptas. (cento noventa e catro millóns seiscentas trinta e seis mil catrocentas pesetas, equivalente a 1.169.788,32 euros).

3. Lugar de execución:

Comunidade Autónoma de Galicia.

4. a), b), c) Cualificación profesional do persoal responsable:

É a indicada no punto 6.4. do prego de prescricións técnicas particulares.

5. Posibilidade de que os prestadores de servicios liciten por unha parte dos servicios de que se trate:

Non existe posibilidade.

6. Variantes:

Os licitadores poderán presentar, ademais, se o consideran conveniente, unha variante ou alternativa que, sen alterar substancialmente o prego de prescricións técnicas particulares, o melloren.

7. Prazo de execución do contrato:

36 meses.

8. a) Nome e enderezo do servicio ó que pode solicitarse a documentación pertinente:

Organismo autónomo Augas de Galicia. Edificios administrativos de San Caetano. Santiago de Compostela-A Coruña (España).

Teléfono: 981 54 45 51.

b) Data límite para presentación de proposicións:

19 de novembro de 1999, ás 12 horas.

9. a) Persoas admitidas para asistiren á apertura das plicas:

Acto público.

b) Lugar, data e hora desta apertura:

Sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda; día 29 de novembro de 1999, ás 10 horas.

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre nº 1), segundo se especifica no punto 1.2.6. Constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Fianza e garantías esixidas:

Fianza provisional: dous por cento (2%) do importe de contrata (3.892.728 ptas., equivalente a 23.395,77 euros).

Fianza definitiva: catro por cento (4%) do importe de contrata (7.785.456 ptas., equivalente a 46.791,53 euros).

As ditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

11. Modalidades básicas de financiamento e de pagamento e/ou referencias ás disposicións pertinentes:

O pagamento efectuarase por certificación mensual aprobada polo presidente do organismo autónomo Augas de Galicia, obténdose a súa contía a partir da aplicación dos prezos unitarios ás unidades de obra realmente executadas.

12. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de prestadores de servicios adxudicataria do contrato:

Poderán aceptarse ofertas de agrupación temporal de contratistas, segundo a Lei de contratos das administracións públicas e normativa de desenvolvemento.

13. Datos referentes á situación de prestador de servicios e datos e formalidades necesarias para avalia-las condicións mínimas de carácter económico e técnico ás que deberá axustarse o prestador de servicios:

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

14. Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses conforme o artigo 90 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

15. Criterios que se utilizarán para a adxudicación do contrato:

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

16. Información complementaria:

Requisitos específicos do contratista: os licitadores deberán presentar, para os efectos de acredita-la súa solvencia económica e financeira, os documentos citados no artigo 16 da Lei 13/1995, letra a), e a súa solvencia técnica ou profesional mediante os documentos citados no artigo 19, letras a) e b) da mesma lei.

De posuí-lo licitador a clasificación do grupo I, subgrupo 1, categoría C, será eximido da presentación da solvencia económica e financeira e da solvencia técnica ou profesional.

17. Data de envío do anuncio:

28 de setembro de 1999.

18. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas:

28 de setembro de 1999.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 1999.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente do organismo autónomo Augas

de Galicia