Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 05 de outubro de 1999 Páx. 11.959

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 1999 pola que se corrixen erros producidos no prego de prescricións técnicas do concurso do servicio de comedor e limpeza nos centros de capacitación agraria de Guísamo, Sergude, Becerreá e Monforte de Lemos, anunciado por Resolución do 6 de setembro de 1999, no DOG número 177, do 13 de setembro.

Por Resolución do 6 de setembro de 1999 anunciouse a licitación, polo sistema de concurso, do servicio de comedor e limpeza nos centros de capacitación agraria de Guísamo, Sergude, Becerreá e Monforte de Lemos.

Advertido un erro na redacción do punto 7 do prego de prescricións técnicas, títulado Persoal para a prestación do servicio, cómpre a súa corrección, e onde di:

«Para a prestación dos servicios de comedor e limpeza, o adxudicatario contará co persoal laboral contratado con destino nos centros, segundo o anexo II que se acompaña, e será a súa obriga ...».

«Todolos traballos relativos á preparación, servicio e distribución da comida ós comensais, correrá a cargo do persoal antedito baixo a responsabilidade do adxudicatario,...».

Debe dicir:

«Para a prestación dos servicios de comedor e a súa limpeza o adxudicatario contará coa colaboración do persoal laboral contratado con destino nos centros, sen que isto implique en ningún caso desviación dos cometidos propios da súa categoría, segundo o anexo II que se xunta a título informativo, e será a súa obriga ...».

«Tódolos traballos relativos á preparación, servicio e distribución da comida ós comensais, serán responsabilidade do adxudicatario ...».

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 1999.

P.D. (Orde do 15-12-1997,

DOG nº 243, 17 de decembro)

Ángel Bernardo Tahoces

Secretario xeral da Consellería de Agricultura,

Gandería e Política Agroalimentaria