Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Luns, 04 de outubro de 1999 Páx. 11.918

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (185/1999).

Anúnciase que o Concello Pleno, en sesión extraordinaria celebrada o día 29 de xullo de 1999, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

O Concello Pleno por unanimidade, acordou:

1. Aprobar inicialmente o estudio de detalle para reaxuste de rasantes na beirarrúa posterior da Avda. de Buenos Aires, nº 244, promovido por Manuel Fernández Tesouro. E

2. Prosegui-lo trámite establecido no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o citado expediente a exposición pública polo prazo dun mes, que empezará a contar a partir do día seguinte á publicación deste anuncio no DOG para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que coiden pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer ó disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 3 de setembro de 1999.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente