Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Luns, 04 de outubro de 1999 Páx. 11.916

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 1999, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, para a contratación pola Consellería de Sanidade e Servicios Sociais dunha asistencia para a realización dunha enquisa de saúde ás mulleres galegas (C-473/99).

I. Obxecto e orzamento: contratación pola Consellería de Sanidade de Servicios Sociais dunha asistencia para a realización dunha enquisa de saúde ás mulleres galegas, por un importe máximo de oito millóns cincocentas mil pesetas (8.500.000 ptas.) IVE incluído, ás que 5.950.000 ptas. irán con cargo os orzamentos para 1999 e 2.550.000 ptas. con cargo ós orzamentos da consellería para o 2000 todo isto condicionado á existencia de crédito axeitado e suficiente nos ditos orzamentos.

II. Solvencia económica e financeira: deberá acreditarse conforme o previsto no punto 6 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

III. Solvencia técnica: deberá acreditarse conforme o previsto no punto 7 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

IV. Prazo de execución: véxase punto 2 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

V. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pódense solicitar na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, División de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Contratación e Xestión Económica, edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.

VI. Garantías: o 2% do orzamento de licitación, que se constituirá segundo o disposto no artigo 36 da Lei de contratos das administracións públicas.

VII. Admisión de variantes: non se admiten.

VIII. Criterios de adxudicación: véxase punto 10 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

IX. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/Sergas, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no punto 10 do prego de cláusulas administrativas particulares.

X. Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais no edificio administrativo de San Caetano (ático ala norte ), a partir das 9.30 horas do terceiro día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día hábil.

XI. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

XII. Anuncios: os anuncios deste concurso serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 1999.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos