Vista a solicitude para a autorización administrativa, recoñecemento de utilidade pública, coa rela
ción concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados pola expropiación, así como para a aprobación do proxecto de execución que se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171. 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T., C.T. y R.B.T. Baxas-Couzadoiro-Souto (Ortigueira).
Liña eléctrica aérea a 20 kV de 875 m de lonxitude en LA-56 que parte da L.M.T. a C.T. Couzadoiro e final no C.T. Baxas de 50 kVA. No termo municipal de Ortigueira.
A petición someteuse a información pública, coa relación de propietarios, bens e dereitos afectados, e publicouse no DOG do 26-3-1999, no BOP do 13-3-1999, no xornal El Ideal Gallego do día 11-3-1999 e nos taboleiros de anuncios da Casa do Concello de Ortigueira. Tamén foron notificados individualmente os interesados que figuran na devandita relación.
Esta delegación provincial comprobou que a liña, ó seu paso polos terreos relacionados na información pública, non incorre en ningunha das prohibicións recollidas no artigo 57.A da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE do 28 de novembro), e no artigo 25 do Decreto 2619/1996, do 20 de outubro (BOE do 24 de outubro).
Comprobouse igualmente que as alegacións efectuadas polos interesados en canto á modificación do trazado da liña eléctrica non poden ser tidas en conta por non se daren as condicións previstas no artigo 57.B da devandita lei e no artigo 26 do mencionado decreto.
Vista a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, os decretos 2617/1966 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, e cumpridos os trámites regulamentarios establecidos, esta delegación provincial resolveu:
Autorizar e aproba-lo proxecto das citadas instalacións e declarar, en concreto, a súa utilidade pública, o que leva implícita a necesidade de ocupa-los bens ou de adquiri-los dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
A Coruña, 8 de setembro de 1999.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña