Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Luns, 04 de outubro de 1999 Páx. 11.852

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 9 de setembro de 1999, da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, pola que se autorizan programas de garantía social para o curso 1999-2000 ós centros que se relacionan.

En virtude do punto décimo terceiro da Orde do 5 de maio de 1997 (DOG do 29), pola que se autoriza expresamente a Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa e a Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional para dictar cantas normas sexan necesarias para o desenvolvemento desta orde, e tendo en conta a proposta da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional, esta dirección xeral

RESOLVE:

Autorizar para o curso escolar 1999-2000 os programas de garantía social que figuran nos anexos I e II desta resolución, nos centros públicos e privados que se relacionan.

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 1999.

Severino Somoza Gómez

Director xeral de Centros e Inspección Educativa

ANEXO I

PROGRAMAS DE GARANTÍA SOCIAL EN CENTRO PÚBLICOS

Provincia da Coruña

ConcelloCentroFamilia profesionalPrograma

FerrolEscola Oficial Náutico-PesqueiraActividades marítimo-pesqueirasNavegación e pesca costeira

Provincia de Ourense

ConcelloCentroFamilia profesionalPrograma

OurenseCentro de Capacitación Agraria de OurenseActividades agrariasOperario de explotacións agropecuarias

OurenseCentro de Capacitación Agraria de OurenseActividades agrariasOperario de viveiros e xardíns

Provincia de Pontevedra

ConcelloCentroFamilia profesionalPrograma

PonteareasIES A GranxaActividades agrariasOperario de viveiros e xardíns

Illa de Arousa, AInstituto Galego de Formación en Acuicultura (IGAFA)Actividades marítimo-pesqueirasOperario acuicultor

VigoInstituto Marítimo-Pesqueiro do AtlánticoActividades marítimo-pesqueirasNavegación e pesca costeira

ANEXO II

PROGRAMAS DE GARANTÍA SOCIAL EN CENTROS PRIVADOS

Provincia da Coruña

ConcelloCentroFamilia profesionalPrograma

ArteixoCentro privado AgarimoHostalería e turismoAxudante de servicios de restaurante e bar

Coruña, ACentro NebrijaAdministraciónServicios auxiliares de oficina

Provincia de Pontevedra

ConcelloCentroFamilia profesionalPrograma

PontevedraCentro privado RizoImaxe persoalAuxiliar de estética

PontevedraCentro privado RizoImaxe persoalAuxiliar de perruquería