Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 01 de outubro de 1999 Páx. 11.841

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 31 de agosto de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai pública a iniciación do dereito de audiencia no expediente sancionador na orde social 365/1999.

Non sendo atopado no enderezo coñecido por esta delegación provincial os titulares das empresas que se indican a continuación, resolvo notificar por este

medio, ó amparo do artigo 59.4º da Lei 30/1992, que se inicia o prazo de oito días, a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG, durante o que poderán exerce-lo dereito de audiencia do expediente, previo á resolución; trascorrido aquel, contarán cun novo prazo de tres días para presenta-las alegacións que estimen oportunas perante o órgano que tramita o expediente: Delegación Provincial de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Coruña, todo isto segundo o establecido no Art. 18.2º do R.D. 928/1998, do 14 de maio.

Expediente nº: 365/1999.

Acta Inf. nº: 366/1999.

Empresa: Datos y Gráficos Coruña, S.L.

NIF/DNI: B-15.516.594.

Domicilio: Gómez Zamalloa, 3-baixo. A Coruña.

Materia: traballo.

Documentos que constan no expediente:

-Acta de infracción.

-Publicación no BOP do 18-6-1999 e no edicto do Concello da Coruña do 28-6-1999.

Proposta da sanción: 250.000 ptas.

A Coruña, 31 de agosto de 1999.

P.S. (Decreto 227/1998 do 10 de xullo)

María Silva Costoya

Secretaria provincial