Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Xoves, 30 de setembro de 1999 Páx. 11.817

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 1999, da Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo, procedemento abreviado 149/1999, interposto por José Antonio Rodríguez Pena.

Recibida providencia do Xulgado do Contencioso-Administrativo número tres da Coruña, pola que se reclama o expediente relativo ó recurso contencioso-administrativo, procedemento abreviado 149/1999, interposto por José Antonio Rodríguez Pena, contra a Resolución do 25 de xuño de 1999, pola que se outorgan os destinos correspondentes ó concurso de traslado do 5 de outubro de 1998, polo que se convocaban prazas vacantes entre oficiais, auxiliares e axentes da Administración de xustiza.

Esta dirección xeral, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contenciosa-administrativa, acorda a remisión do citado expediente administrativo ó referido órgano xudicial, o que se notifica para un xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento referido e se emprazan para que poidan comparecer como parte perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo número tres da Coruña no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 1999.

José Antonio Álvarez Vidal

Director xeral de Xustiza e Administración Local