Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Mércores, 29 de setembro de 1999 Páx. 11.764

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VERÍN

EDICTO de convocatoria de concurso das obras de mellora da iluminación da praza da Alameda e zona vella.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Verín.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría.

c) Número de expediente: 181/1999.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: obras de mellora da iluminación da praza da Alameda e zona vella.

b) Lugar de execución: Concello de Verín.

c) Prazo de execución: catro meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 20.000.000 de ptas.

5. Garantías.

Provisional: 400.000 pesetas.

Definitiva: 800.000 pesetas, mailo 4% sobre o importe das melloras que se oferten, que se valoren e que se acepten no concurso.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Concello de Verín. b) Domicilio: praza do Concello. c) Localidade e código postal: Verín, 32600. d) Teléfono: 988 41 03 34. e) Fax: 988 41 19 00. f) Data límite da obtención de documentos e información: o décimo terceiro día natural (trece días naturais), desde o seguinte ó da publicación do presente edicto no DOG (se o último día do prazo coincidise con sábado, domingo ou con festivo, prorrogarase ata o seguinte día natural non festivo).

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: grupo I, subgrupo 1), categoría c).

8. Presentación das proposicións.

a) Data límite de presentación: o décimo terceiro día natural (trece días naturais), desde o seguinte ó da publicación do presente edicto no DOG (se o último día do prazo coincidise con sábado, domingo ou festivo, prorrogarase ata o seguinte día natural non-festivo).

b) Documentación que integrará as ofertas: a que se indica na cláusula correspondente das do prego que rexe a contratación.

c) Lugar de presentación: mesmos datos punto 6.

d) Prazo durante o cal o licitador obrígase a mante-la súa oferta: ata a sinatura do contrato.

e) Admisión de variantes: admítense as que supoñan unha mellora do obxecto da contratación, sempre que se cumpran as previsións do prego de cláusulas que rexe na contratción.

9. Apertura das ofertas:

a) Data: o primeiro día natural seguinte ó da finalización do prazo para presentar proposicións, salvo que coincida con sábado, domingo o festivo, suposto no cal a licitación terá lugar o primeiro día natural posterior.

b) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións.

a) Criterios de valoración: os que se sinalan nas bases da contratación.

b) Aprobación expediente de contratación: Decreto do 17-9-1999.

c) Consulta documentación: imprenta Monterrey, Avda. de Portugal, fronte á praza do Concello. Tfno.: 988 41 02 66.

11. Gastos de anuncios: serán sempre por conta do adxudicatario.

Verín, 22 de setembro de 1999.

Juan Manuel Jiménez Morán

Alcalde