Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Mércores, 29 de setembro de 1999 Páx. 11.756

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 1999, da Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro, pola que se publica a disolución da Caixa de Aforros Provincial de Ourense como consecuencia da súa fusión coa Caixa de Aforros Municipal de Vigo.

En cumprimento do disposto nos artigos 4.6º e 30.2º da Lei 4/1996, do 31 de maio, de caixas de

aforros de Galicia, faise público que, unha vez cumpridos tódolos trámites preceptivos, por escritura pública do 3 de agosto de 1999 se fusionaron a Caixa de Aforros Municipal de Vigo e a Caixa de Aforros Provincial de Ourense, quedando esta última disolta sen liquidación e traspasando en bloque á Caixa de Aforros Municipal de Vigo, a título de sucesión universal, a totalidade do seu patrimonio, pasando a denominarse esta última Caixa de Aforros de Vigo e Ourense.

A disolución por fusión da Caixa de Aforros Provincial de Ourense foi anotada no Rexistro Mercantil o 3 de agosto de 1999 e inscrita no Rexistro de Caixas de Aforros Galegas o 3 de setembro de 1999.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 1999.

José Álvarez Cobelas

Director xeral de Política Financeira e Tesouro