Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Mércores, 29 de setembro de 1999 Páx. 11.741

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 7 de setembro de 1999 pola que se autoriza ó centro privado COFISAD da Coruña para imparti-los ciclos formativos de grao superior de administración e finanzas e de secretariado.

Examinado o expediente instruído por instancia do titular do centro privado COFISAD da Coruña, no que solicita autorización definitiva para imparti-los ciclos formativos de grao superior de administración e finanzas e de secretariado.

Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Coruña, que o remite cos informes correspondentes.

Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4), de ordenación xeral do sistema educativo, Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias, Real decreto 777/1998 (BOE do 8 de maio) polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo, Real decreto 1659/1994 (BOE do 30 de setembro) polo que se establece o título de técnico superior en administración e finanzas, Real decreto 1658/1994 (BOE do 30 de setembro) polo que se establece o título de técnico superior en secretariado, Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG 15 de decembro) que desenvolve o antedito decreto.

Considerando que concorren no expediente os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-lo centro privado COFISAD para poder imparti-los ciclos formativos de grao superior de administración e finanzas e de secretariado, segundo se especifica no anexo da presente orde.

Segundo.-Mentres non se extinguen as ensinanzas de FP2, segundo o calendario de aplicación da Lei 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, poderán seguir impartindo as ensinanzas da rama administrativa e comercial; especialidade: administrativo.

Terceiro.-Antes do inicio das ensinanzas que se autorizan, a delegación provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo do informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no dito centro.

Cuarto.-O centro que pola presente orde se autoriza, deberá cumpri-la norma básica da edificación NBE-CPI/1996, de condicións de protección contra incendios nos edificios, aprobada por Real decreto 2177/1996, do 4 de outubro (BOE do 29). Todo isto sen prexuízo de que teñan que cumprirse outros requisitos esixidos pola normativa municipal ou autonómica.

Quinto.-O centro queda obrigado ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 1999.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: A Coruña.

Localidade: A Coruña.

Enderezo: Bugallal Marchesi, 52-A.

Código do centro: 15026571.

Denominación: COFISAD.

Titular: Pedro Díaz Currás.

Ensinanzas que se autorizan:-Familia profesional: administración.

1 ciclo formativo de grao superior de administración e finanzas (2 unidades para 20 alumnos/unidade).

1 ciclo formativo de grao superior de secretariado (1 unidade para 20 alumnos/unidade).-Composición resultante:

1 ciclo formativo de grao medio de xestión administrativa (1 unidade para 20 alumnos/unidade).

1 ciclo formativo de grao superior de administración e finanzas (2 unidades para 20 alumnos/unidade).

1 ciclo formativo de grao superior de secretariado (1 unidade para 20 alumnos/unidade).