Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Mércores, 29 de setembro de 1999 Páx. 11.740

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 22 de setembro de 1999 pola que se dá cumprimento ó establecido na cláusula duodécima do convenio marco asinado entre a Administración xeral do Estado e a Comunidade Autónoma de Galicia para a colaboración na implantación dun sistema intercomunicado de rexistros entre a Administración xeral do Estado, a Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e as entidades locais do ámbito territorial de Galicia.

Con data do 21 de xuño de 1997, asinouse un convenio marco de colaboración entre a Administración xeral do Estado e a Comunidade Autónoma de Galicia que tiña como obxectivo o de que as dúas administracións, asumisen o firme compromiso de mellora-la calidade na prestación dos servicios públicos, mediante a adopción de medidas que articulen un modelo de funcionamento administrativo caracterizado polos principios de economía e eficacia, e orientado definitivamente ó cidadán como suxeito activo e protagonista principal na actividade das administracións públicas.

Entre as medidas tendentes a logra-lo mencionado modelo de funcionamento administrativo, destaca a de implantar un sistema intercomunicado de rexistros públicos que permitan unha mellor atención ó cidadán baseada na economía de medios, a eficacia e axilidade administrativas, eliminando parte da complexa burocracia administrativa sen, por iso, quebranta-la seguridade xurídica que debe primar nos actos emanados da Administración.

O mencionado convenio marco establecía, na súa cláusula duodécima, que as entidades locais interesadas na adhesión a el poderían solicitalo á Consellería da Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galicia sempre que, xunto coas súas solicitudes, cumprisen cos requisitos que a dita cláusula determinaba.

Solicitada a adhesión por determinados concellos da Comunidade Autónoma de Galicia, procede, agora, cumprimenta-lo disposto na mencionada cláusula mediante a publicación da aceptación no Diario Oficial de Galicia, unha vez que esta xa lles foi notificada ós concellos solicitantes pola Consellería da Presidencia e Administración Pública. Na súa virtude,

DISPOÑO:

Artigo único.-Acéptase a adhesión ó convenio marco asinado entre a Administración xeral do Estado e a Comunidade Autónoma de Galicia para a colaboración na progresiva implantación dun sistema intercomunicado de rexistros, solicitada polos Concellos de Baiona, Baños de Molgas, Baralla, Becerreá, Boqueixón, Burela, Cabanas, A Cañiza, Carballo, Covelo, Cuntis, Dodro, Fisterra, Maceda, Mazaricos, Montederramo, Muras, Noia, Palas de Rei, Páramo, Ponteareas, Porto do Son, Quintela de Leirado, Ribadeo, Rubiá, Sada, Touro, O Valadouro, Verín, Viana do Bolo, Vilanova de Arousa e Vilar de Barrio, mediante a sinatura dos correspondentes protocolos.

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 1999.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública