Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Mércores, 29 de setembro de 1999 Páx. 11.740

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 28 de setembro de 1999 pola que se dispón o cesamento do presidente da Autoridade Portuaria da Coruña.

O artigo 41 da Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, establece que o presidente da Autoridade Portuaria será designado e separado polo órgano competente da Comunidade Autónoma.

Para dar cumprimento ó disposto na Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, o Consello da Xunta de Galicia acordou o 5 de marzo de 1998 faculta-lo conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda para a designación e separación do presidente da Autoridade Portuaria da Coruña.

En consecuencia,

DISPOÑO:

Artigo único.-O cesamento de Juan Manuel Páramo Neyra como presidente da Autoridade Portuaria da Coruña, agradecéndolle os servicios prestados.

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 1999.

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial,

Obras Públicas e Vivenda