Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Martes, 28 de setembro de 1999 Páx. 11.734

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MONDOÑEDO

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, en sesión do día 19 de agosto de 1999, acordou tomar coñecemento do avance do Plan xeral de ordenación urbana do Concello de Mondoñedo, redactado pola Oficina de Planeamento, S.A., e abrir un período de información pública durante un mes contado desde a publicación deste anuncio no DOG, publicando igualmente anuncio nun dos períodicos de máxima circulación na provincia.

Os interesados poderán examina-lo referido plan na secretaría xeral do concello, das 9 ás 14 horas, e presenta-las alegacións que consideren oportunas.

Mondoñedo, 3 de setembro de 1999.

Luis Rego Valcarce

Alcalde