Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Martes, 28 de setembro de 1999 Páx. 11.734

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA PONTENOVA

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión extraordinaria do 15 de setembro de 1999, aprobou os pregos de cláusulas administrativas particulares que rexerán a contratación, polo procedemento aberto e sistema de concurso, da suministración de adquisición dun camión para recollida e transporte de lixo.

Os citados pregos estarán expostos ó público durante 8 días para os efectos de que poidan presenta-las reclamacións contra eles.

Ó mesmo tempo, o concello anuncia a licitación do citado contrato de subministración, a cal quedará aprazada se houbese reclamacións contra os pregos ata a súa resolución:

Obxecto do contrato: adquisición dun camión para a recollida, compactación e transporte de lixo coas características mínimas esixidas na base I do prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de entrega: Concello da Pontenova.

Prazo de execución: cincuenta (50) días naturais desde a sinatura do contrato.

Orzamento de licitación: 18.560.000 pesetas, IVE incluído.

Tramitación: urxente. Procedemento: aberto. Forma: concurso.

Garantías: provisional 371.200 pesetas.

Información: o modelo de proposición e o prego de cláusulas administrativas facilitaranse no Concello da Pontenova (Lugo).

Presentación de proposicións: trece días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación deste edicto no BOP de lugo ou no DOG.

A Pontenova, 17 de setembro de 1999.

Enrique Fernández González

Alcalde