Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 27 de setembro de 1999 Páx. 11.688

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 23 de agosto de 1999, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se anuncia a modificación dos estatutos do Sindicato de Traballadores e Traballadoras do Ensino de Galicia (STEG).

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral, se presentou o día 13 de xullo de 1999, certificación do IV congreso do Sindicato de Traballadores e Tra

balladoras do Ensino en Galicia (STEG), expedida polo secretario da mesa do congreso, Ramón Casado Rodríguez, co visto e prace do presidente, Benigno Rey Sarmiento, na que se recollen as modificacións estatutarias aprobadas no devandito congreso, que tivo lugar en Pontevedra o 10 de xuño de 1999, e que consisten na nova redacción dos artigos seguintes: 2.8º, 3.12º, 5 e 8.1º.

Santiago de Compostela, 23 de agosto de 1999.

José María Fernández Olea

Director xeral de Relacións Laborais