Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 27 de setembro de 1999 Páx. 11.686

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 24 de agosto de 1999 pola que se fai pública a adxudicación definitiva da contratación de equipos e materiais necesarios para a posta en funcionamento da Escola de Mergullo do Igafa da Illa de Arousa-5 lotes.

De acordo co previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, faise pública a adxudicación definitiva dun contrato de subministracións:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación. Servicio de Ensinanzas Náutico e Marítimo-Pesqueiras, rúa dos Irmandiños, s/n, Salgueiriños, E-15771 Santiago de Compostela.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: subministracións.

b) Descrición do obxecto: contratación de equipos e materiais necesarios para a posta en funcionamento da Escola de Mergullo do Instituto Galego de Formación en Acuicultura (Igafa) da Illa de Arousa-5 lotes.

c) Lotes.

-Lote nº 1, equipos de mergullo autónomos e accesorios.

-Lote nº 2, equipos de mergullo con subministración desde superficie.

-Lote nº 3, accesorios informáticos para mergullo.

-Lote nº 4, circuíto pechado de TV cor subacuático.

-Lote nº 5, subministración e instalación de materiais e equipos para a posta en servicio dunha cámara TEDSA-1300 e panel de enchido de equipos de mergullo autónomo.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 67, do 9-4-1999.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

-Lote nº 1: 17.340.000 ptas.

-Lote nº 2: 17.905.000 ptas.

-Lote nº 3: 3.281.000 ptas.

-Lote nº 4: 4.335.000 ptas.

-Lote nº 5: 17.125.000 ptas.

Total da licitación: 59.986.000 ptas., IVA incluido.

5. Adxudicación:

-Lote nº 1:

a) Data: 1-7-1999.

b) Contratista: Casco Antiguo Comercial, S.L.

c) Importe de adxudicación: 14.413.957 ptas.

-Lote nº 2: deserto (proposta irregular).

-Lote nº 3:

a) Data: 1-7-1999.

b) Contratista: Casco Antiguo Comercial, S.L.

c) Importe de adxudicación: 2.765.116 ptas.

-Lote nº 4: deserto (proposta irregular).

-Lote nº 5:

a) Data: 1-7-1999

b) Contratista: Ibérica de Suministros y Construcciones, S.A.

c) Importe de adxudicación: 16.100.000 ptas.

Santiago de Compostela, 24 de agosto de 1999.

Joaquín Mariño Cadarso

Director xeral de Formación Pesqueira

e Investigación