Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 27 de setembro de 1999 Páx. 11.673

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 1999, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se somete a información pública expediente de modificación concesional (ampliación de tráficos) do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-0417; XG-023, Monforte-Ferreira de Pantón-Escairón-Taboada, con anexos.

Ó abeiro do establecido na Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, e no seu regulamento de execución, aprobado polo Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, iniciouse expediente de modificación concesional (ampliación de tráficos) mediante a incorporación dos tramos Ferreira-Siós-Panfolia-Budián, Panfolia-Frontón e Mañente-Siós, como anexos da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-0417; XG-023, Monforte-Ferreira de Pantón-Escairón-Chantada, con anexos, da titularidade de Antonio Vila Parada.

Os interesados ou afectados no expediente poderán comparecer no procedemento e, tralo exame da documentación pertinente no Servicio Provincial de Transportes de Lugo (Edf. Adtivos. Ronda da Muralla, 70) efectua-las alegacións que estimen oportunas no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 1999.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes